quarta-feira, 21 de novembro de 2018

Conferencia "O Apalpador: do mito á realidade"


A Asociación O Castro, integrante da Coordinadora da Figura do Apalpador en Vigo, quere invitarvos á conferencia que impartirá José André Lôpez Gonçález. Será o vindeiro 28 de novembro ás 20h na Asociación Casco Vello.

sábado, 10 de novembro de 2018

OS NOMES DE VIGO II, Xornadas da toponimia das parroquias.








  XORNADA I

Quinta-xoves 15 de novembro às 19:30h na Escola Superior de Arte Dramático de Navia-ESAD.
Presentado por Xan Colazo da Asociación O Castro.
Conferencia "Paisaxe toponímico de Galiza" do profesor CÉSAR VARELA GARCÍA, divulgador e estudoso da toponimia.
Traballou moito tempo como ensinante de matemáticas no IES "María soliño" de Cangas do Morrazo, logo exerceu a súa profesión en São Paulo e London. Participou na fundación da AC Avantar do Carballiño.

 XORNADA II

Sábado 17 de novembro ás 10:30h (duración de 2 horas).
Roteiro pola parroquia de Navia (Vella e Nova). O inicio será na Devesa de Navia.
Coa presenza de XOÁN COMESAÑA, veciño e esperto da toponimia da parroquia e corresponsábel de que os topónimos de Navia non desaparezan.