segunda-feira, 25 de fevereiro de 2019

Día de Rosalía 2019

Cruz Martínez Vilas (Presidenta da AC O Castro) e Marda Dacosta (AELGA) na ofrenda floral.
Público durante a lectura do manifesto.

Público durante a lectura de obra de Rosalía de Castro.


terça-feira, 19 de fevereiro de 2019

24-F Día de Rosalía

Un ano máis, A Asociación Cultural O Castro de Vigo conmemora o Día de Rosalía de Castro. O propio domingo 24, en horario de tarde, realizaremos lecturas colectivas ao longo do todo o país. En Vigo, este acto serán coorganizado entre a AELG e a Asociación Cultural O Castro de acordo co seguinte programa:
Hora de inicio: 18:00 h.
Lugar: Imprenta de Juan Compañel (Rúa real nº 12) e Salón de actos da Federación AAVV Eduardo Chao (Praza da Princesa 7, 2º, Vigo)
Desenvolvemento: colocación dunha ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, percorrido até o local da Federación de Veciños e lectura do manifesto e de poemas de Rosalía.

Para poder participares, abonda con enviar un correo electrónico aquí indicando o teu nome  e o poema ou texto que quixeres ler (
Aínda que cada persoa vai ler un só poema, recomendamos sinalares dous ou tres poemas para evitar que se repitan).