domingo, 22 de outubro de 2017

Os nomes de Vigo


Os nomes de Vigo

Conferencia sobre a toponimia de Vigo

presenta
Rosa Martínez Vilas (AC. O Castro)

coa presenza de
Gonzalo Navaza Blanco (Profesor na Universidade de Vigo)

Venres, 27 de outubro as 20:00 horas
Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125)
Vigo



Subvenciona


quarta-feira, 20 de setembro de 2017

Apresentación de "Os nomes do terror" en Vigo (vídeo)



"Sermos Galiza continúa coa súa xeira de apresentacións de "Os nomes do terror", o libro que identifica os autores da barbarie e que xa vai pola súa segunda edición. Este vídeo recolle o acto en que o volume foi apresentado en Vigo, un evento organizado pola Asociación Cultural O Castro e que decorreu o pasado 14 de setembro. Tomaron a palabra os coautores do libro Judith Carbajo e Bernardo Maíz, ben como, en representación do consello de administración do Sermos, Manuel Mera. O acto apresentouno, en representación de O Castro, o xornalista e especialista na memoria histórica Afonso Eiré. O vídeo foi realizado pola propia libraría Cartabón."

sexta-feira, 14 de julho de 2017

Alba de Gloria do Pico Sacro '17


A Federación Galiza Cultura comezou a realizar este acto no 2011 no que se conmemorou o 125 aniversario de Castelao coa total ausencia e mesmo hostilidade das institucións políticas e culturais da Galiza e no marco dunha ofensiva contra a nosa lingua e cultura como non se sofrera desde había décadas.
 Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala. Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada.
Por iso no exilio volveu a a este sitio cando escribiu o Alba de Gloria.
E por iso nós volvemos sobre os seus pasos lendo o este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, que leremos máis un ano, o sábado antes do 25 de xullo, no cumio do Pico Sacro.
Programa

12.00h. Benvida na chaira da capela do Pico Sagro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
12:45h.: Izado da bandeira. Lectura de Alba Groria de Castelao por representantes das A.C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada.
14:00h.: No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da AC. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
15:15h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla. Escoller menú e anotarse aquí antes do 20 de xullo Roteiro
17:30h. Saida de “Casa Mosqueiro”
Coto de Pesca de Ximonde
Area de Agro Novo
Casa-Museo da Pesca no rio Ulla
Dous edificios construidos a comezos do s.XX grazas a financiación das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do rio Pereiro

Para apuntarse pódese mandar un correo a asociacionocastro@gmail.com ou chamar ou mandar un whasapp ao 616 38 14 48.

segunda-feira, 19 de junho de 2017

O monte, multifuncional?




Un debate sobre a situación do monte galego e o seu futuro.

presenta
Xoán Colazo Pazó
AC O Castro e comuneiro de Candeán

coa presenza de 

Alberte Blanco Casal
Coordinador do libro O Monte Galego, Caos ou aproveitamento multifuncional

Xosé Alfredo Pereira Martínez
Presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común

Mércores, 28 de xuño ás 20 horas
Cantina do Parque Forestal do Vixiador, Candeán.

sexta-feira, 7 de abril de 2017

Premio Nacional Galiza Cultura a Francisco Rodríguez. Acto de entrega:


Entidades que convocan e que se adhiren ao Premio Nacional Galiza Cultura a Francisco Rodríguez


Convoca 

Federación Galiza Cultura:
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña),
Asociación Cultural Maio Longo (Pontevedra),
Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada),
Sociedade Cultural Medulio (Ferrol),
Asociación Cultural A Pomba do Arco (Foz),
Agrupación Cultural Francisco Lanza (Ribadeo),
Asociación Cultural Auriense (Ourense),
Asociación Cultural O Castro (Vigo),
Asociación Cultural e Musical Solfa (Compostela),
Asociación Cultural Altofalante (Ribeira),
Agrupación Cultural O Galo (Compostela)
Universidade Popular de Corcubión.

Adheríronse:

Asociación Veciñal Agra do Orzán (A Coruña),
Asociación Cultural Alba de Gloria (Soutomaior),
Asociación Cultural Almuinha (Marín),
Asociación Cultural Arrincadeira (Riotorto),
Asociación Veciñal Atochas-Montealto (A Coruña),
Agrupación Cultural Avantar (O Carballiño),
Asociación Cultural Barbantia (Boiro),
Asociación Cultural A Cabana (Moraña),
Frente Cultural Canlear (Mos),
Asociación Cultural e Veciñal Os Carrilanos (Castrelo de Val),
Asociación Veciñal Os Castros (A Coruña),
Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (Salvaterra de Miño),
Asociación Cultural Correlingua (Compostela),
Fato Cultural Daniel Castelao (Pasaia, Euskal Herria),
Asociación Cultural A Devesa (Noia),
Asociación Cultural Eira Vella (Betanzos),
Instituto de Estudos Chairegos (Vilalba)
Agrupaçom Cultural O Facho (A Coruña)
Asociación Cultural LugoPatrimonio (Lugo),
Asociación Cultural Lumieira (Carballo),
Asociación Cultura Eme de Meira
Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros),
Colectivo Pensamento e Sementeira (Viveiro),
Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó (Poio),
Asociación Cultural Rosalía de Castro (Barakaldo, Euskal Herria),
Asociación de Mulleres Galegas no Exterior Rosalía de Castro (Madrid, España),
Asociación Cultural Roxín Roxal (Paderne),
Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla (Touro),
Asociación Cultural Os Tres Pés (Trabada),
Associaçom Cultural Xebra! (Narón)
Asociación Cultural Xermolos (Guitiriz).

Aliás, apoian o premio:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG),
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS‑PG),
Confederación Intersindical Galega‑Ensino (CIG‑Ensino),
Fundación Galiza Sempre,
Fundación Rosalía de Castro,
Fundación Manuel María de Estudos Galegos,
A Mesa pola Normalización Lingüística.

sexta-feira, 31 de março de 2017

Imaxes da conferencia "As xeometrías ocultas de Maruxa Mallo"

No centro Manuel Xestoso presentando o acto como representante da Asociación O Castro.

Maribel Álvarez Ilarri profesora de arte.

Xosé Carlos López Bernárdez  crítico e ensaísta.

 Para ver máis fotos entra en: https://www.facebook.com/ocastro.vigo

segunda-feira, 27 de março de 2017

Conferencia sobre Maruxa Mallo



As xeometrías ocultas de Maruxa Mallo

Dúas focaxes arredor da protagonista do Día das Artes Galegas

coa presenza de 

Xosé Carlos López Bernández (crítico de arte)

e

Maribel Álvarez Ilarri (profesora de arte)


Xoves 30 de marzo
20.00 horas
Libraría Andel
Av. das Camelias, nº 102 - Vigo




A artista multidisciplinar galega; a republicana, inconformista, independente, rebelde, transgresora e feminista que reivindicou o seu papel na arte. A muller audaz e brava que pintou moito na xeración que lle tocou vivir, os seus óleos, cerámicas, escenografías e instalacións artísticas varias chamaron a atención e impactaron na sociedade máis culta e literata. Unha muller forte que tivo que loitar contra o estigma da ignorancia por nacer con xénero feminino e que a reprimía ao anquilosamento e á morte como artista. Unha vida dura, pero que deu co fragor do tempo os seus mellores froitos artísticos. Maruxa Mallo, a muller pintora, non o tivo fácil. Traballou duramente sen perder a ilusión, porque era apaixonada e sabía estudar, buscar e perseverar no seu traballo como a loitadora férrea e atípica que era. Ela a bruxiña sempre nova, a verdadeira meiga galega das cores e pinceis que sabía con eles facer a máxia precisa, a realidade máxica que inpregnaba os cadros e abstraíaos no surrealismo visionario dun tempo...

quarta-feira, 15 de março de 2017

Imaxes do documental "Asolagados"

"Asolagados" o Documental na A.V. Val do Fragoso.

De esquerda a dereira: Afonso Eiré (guionista do documental) e
Xose Sánchez  (Vicepresidente da Asociación O Castro).


Máis fotos no facebook: https://www.facebook.com/ocastro.vigo

quarta-feira, 22 de fevereiro de 2017

Imaxes da rolda de prensa

Á esquerda  Cruz Martínez, presidenta da Asociación Cultural O Castro
 con Marta da Costa representante da ELG 

Á dereita Marta da Costa da Asociación de escritor@s en lingua galega, AELG

Para a nosa asociación é unha honra co-organizar coa AELG
o 24 de febreiro o "Día de Rosalía"

O noso agradecemento aos Medios de Comunicación
que se personaron e nos acompañaron no FAVEC

quinta-feira, 16 de fevereiro de 2017

Dia de Rosalía


Prezadas amigas, prezados amigos,

A Asociación cultural O Castro xuntoa co Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) dipóñense a conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Xuntamos o convite. A asistencia como público é aberta e gratuita. 

Para poder participar na lectura é necesario inscribirse previamente. Para facelo só hai enviarnos un correo electrónico onde se diga o nome e tres textos de Rosalía de Castro en orde de preferencia. Cada persoa vai ler un texto, o motivo de pedir tres é evitar, na medida do posible, que se repitan.