Manuel Xestoso da Asociación, Pablo Prado e Pilar Abades que traballaron no Arquivo Pacheco e Vítor Vaqueiro que foi director do arquivo durante o 2007-2011. |
O debate aberto sobre a situación do Arquivo Fotográfico Pacheco na Casa Galega da Cultura, foi un acto revelador que estimulou aos presentes ao coñecemento da historia de Vigo e da memoria da Galiza. Sempre truncada por motivos burocráticos ou políticos, e pintada hipocritamente por intereses maléficos duns poucos que dominan sobre un pobo cada vez máis consciente da súa realidade e indignado pola manipulación que sofre día a día.
Os arriba fotografados; Vítor Vaqueiro, Pilar Abades e Pablo Prado explicaron toda a verdade do caso Pacheco. Expoñendo a situación real dun arquivo que é unha xoia cun valor histórico e sentimental para a cidade. É un legado de todos os vigueses e debe ser defendido, e reivindicar o lugar que lle pertence.
Sem comentários:
Enviar um comentário