segunda-feira, 18 de fevereiro de 2013

150 anos con Rosalía de Castro



 Arredor do 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro, véñense realizando diversos actos en conmemoración da nosa Poeta fundacional. Queremos subliñar o singular da figura de Rosalía, único caso onde é unha muller ten o carácter de pioneira e fundadora, ao carón de grandes figuras da literatura universal como Yeats, Petőfi, Andrić, Sienkiewicz ou Lönnrot.
En 2013 esta celebración ten especial transcendencia ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos, o primeiro libro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. A fortuna quixo que esta publicación acontecese entre as rúas da nosa cidade, no que hoxe é a rúa Real.
A Asociación Cultural O Castro de Vigo recibiu o convite para participar nos actos organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Así mesmo, tamén recibimos a petición de colaborarmos na difusión destas actividades.
·         Nesta ligazón podes ver a programación completa para os días 22, 23 e 24 de febreiro.
·         En Vigo,  haberá unha Lectura pública da obra de Rosalía o sábado 23 de febreiro, ás 19.00 horas no Marco (r/ Príncipe, 54)
·         Finalmente, o domingo 24, ás 12:00, no Panteón de Galegos Ilustres, terá lugar un acto nacional onde serán lidos poemas de Cantares gallegos, ademais da realización dunha ofrenda floral. 


Agasalla un LIBRO en galego
   e unha FLOR

Sem comentários:

Enviar um comentário